![]() |
Carlos MartÃn: GaitaGaiteiro afincado en Madrid, procedente de Zamora (e adoptivo da Coruña), comeza os seus estudes de Gaita con Daniel Bellón na Escola de Floclore de Plaza de Castilla (Madrid), continuándoos co mesmo profesor na Escola Progreso Musical, onde cursa Gaita, Solfexo e Piano/Acordeón. Forma parte de bandas como "Chao Muiñeira!", con actuacións en distintos eventos, tanto en banda como coma solista. |
David Fernández Vaamonde: GaitaGaiteiro afincado en Alcalá de Henares e procedente da Coruña, comeza tocando música folk en grupos como "Contecinia" e "Xirtam" nesa mesma cidade. Posteriormente comeza os seus estudos de Gaita e Solfexo na Escola Municipal de Música de Meco, ó mesmo tempo que ingresa no Grupo "Vagalume" da Asociación Galega "Corredor do Henares", con actuacións tanto dentro de España como por Europa. Actualmente recibe clases de Gaita de Daniel Bellón na Escola Progreso Musical ó tempo que cursa Clarinete e Solfexo na Escuela Municipal de Música de Meco. |
![]() |
![]() |
Daniel Camaño: TamborilPercusionista afincado en Parla e procedente de Cangas do Morrazo, formou parte, como gaiteiro solista, da Banda de Gaitas "Tromentelo" de Cangas do Morrazo e como tamboril e percusión do Quiteto Tradicional "Albariza" e da Banda de Música "Vellas Artes". Actualmente é mestre de Percusión na Asociación Galega "Corredor do Henares" e na Casa Galega de Móstoles. |
Iago RÃos: BomboPercusionista afincado en Alcalá de Henares e procedente de Ourense, comeza a súa andadura na Asociación Galega "Corredor do Henares", onde estudia Solfexo e Percusión da man de Ricardo Pizarro e Daniel Camaño, respectivamente. Forma parte como percusionista do grupo "Vagalume", co que recorreu parte da xeografÃa nacional tocando en lugares tan emblemáticos como Soutelo de Montes. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |